Número de visitantes

jueves, 28 de febrero de 2013

SEN PIEDADE



O Casco Vello de Verín era un sitio tranquilo...nos años 50 e 60. As mulleres facendo braseiros para quecer nas noites de inverno. As leiteiras vendendo as súas canadas de leite.Velliños sentados nos bancos da Praza Maior. Aquelas feiras co violinista cego e a señora das coplas narrando algún suceso tremendo e véndendonos a historia en papéis  de cores.A muller do bálsamo de serpente que vendía aquiles tarros pequerrechos con ungüento. Aquiles plátanos grandes da Praza da Estrela cos seus bancos de pedra ben labrada. Aquela Praza Maior e rúas viciñas pavimentadas coa pedra traída do Colexio de Xesuítas de Monterrei, unhas pedras enormes e resistentes que o actual alcalde Jiménez Morán foi quén de meterlle a piqueta e destrozalas para dempois sustituilas por unhas de mala calidade que reventan á menor presión e pizarra que descascarilla do mesmo xeito, e dempois dun ano de traballo con só dous obreiros ,co tráfico interrumpido e os residentes e comerciantes tragando pó e perdas (xa se vislumbraba que Jiménez queríanos ben e "apuntaba maneras") chega a feliz data do 17 de outubro do 2001 onde co boato que corresponde a tal efemérides é inaugurada por Fraga ,Cuiña e Jiménez.
A pedra escachada non se sabe onde foi, os faroles que ao Fanfan costáranlle un ril, según os mentideiros da época, tampouco se sabe. Para mín eran moito máis harmónicos coa arquitectura do Casco Vello que isas farolas "fashion" postas máis para estorbar que para conxeniar cos estilos arquitectónicos do Casco Vello.
As arboredas de Verín (Parque do Concello, Avda de Sousas, Estrda de Laza, Estrada de Abedes, Praza da Estrela, Avda de Portugal, Avda Luis Espada, Praza do Rei, etc) foron taladas polos sucesivos gobernos da dereita, alguna en tempos de Franco.
Todos estos que mentras gobernaron especularon sen piedade, talaron sen piedade, destrozaron urbanísticamente a Vila cun planeamento urbanístico impresentable e falto da máis mínima harmonía, todos estos que recalificaron sen piedade, que de xeito impune impuxeron o seu mal gusto pretenden agora subirse ao carro da modernidade e das novas ideas, radicalmente opostas ao seu pensar máis íntimo.
Pero son tan lerdos e tan insensíbeis que actúan como elefante en cacharrería. Unha vez máis non saben harmonizar as distintas sensibilidades e necesidades da xente que gobernan e actúan coma nos tempos do franquismo, co  "TRÁGALA ". E así o comprobamos unha vez máis no Casco Vello, que pesia contar coa oposición do 99% dos viciños e comerciantes  pechan á circulación de xeito radical e sen piedade todo o Casco Vello. En ningún momento se nos consultou aos viciños e comerciantes. É máis,  o alcalde mentiunos porque ao preguntarlle un día se ía "peatonalizar" a Rúa da Cruz ,díxonos que non, que por onde ían pasar os camions.
A iste alcalde non lle importa nada que os comerciantes do Casco Vello pasen apuros económicos pola súa culpa e máis no contexto de crise económica brutal que estamos vivindo.
Parece que copiou de xeito automático a frase que pronunciou unha compañeira do seu partido no Congreso - "que se jodan"-.
Tanta soberbia , cinismo e odio aos demais no poden ter un bo final
A Edreira

No hay comentarios: