Este escudo contén dúas liñaxes:
Acevedo: Na parte esquerda do escudo. Armas: dous lobos e dous acebos alternando
Feixóo: Na parte dereita do escudo. Armas: Unha espada núa e seis roeis.
A liñaxe dos Acevedo foi fundada por Arnaldo de Bayán , cabaleiro gascón, no século X. Os Acevedo emparentaron cos Condes de Monterrei.
Recomendación :
Para instruirvos sobre os escudos de Verín e bisbarra consultar o libro do noso viciño Xerardo Dasairas: " Labras heráldicas de Monterrei - Frieiras - Conso e Viana do Bolo" editado polo Museu Arqueolóxico Provincial de Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario