Número de visitantes

jueves, 7 de marzo de 2013

Carta ao director

Sr. Alcalde de Verín:
                                   Dirixímonos a vostede dende a nosa mais firme convicción de que respetaría as ganas de traballar dos veciños e comerciantes do Casco Vello de Verín. Só pedimos poder traballar e vivir sen que ningunha autoridade nin ninguén nos poña trabas no noso labor diario.
Xa hai un ano dende que a sua cabeza discurrira a peatonalización do Casco Vello sen contar para nada coa xente que vive e traballa nesta zona.
Prometeu, coma político que é, que as cousas irían a mellor, que dende a institución municipal se ían levar a cabo diferentes tipo de actuacions para elo. E eso mesmo fixo, como político que é, non cumpliu as suas “promesas”.

Dende a perspectiva que da o paso do tempo, podemos asegurarlle que todo este peche que levou a cabo, non fixo mais que propiciar todo aquelo que nos “aseguraba que nunca sucedería e que estabamos  equivocados".
En todo caso entenderíamos que se fixera cando se incorporaran ao Casco Vello servizos municipais ou gubernamentais abrindo nel oficinas.
Os veciños tiran polo casco pero se desde a dministracion non se apoia cun sector servizos que ofreza o cidadán un incentivo para ter que vir ao centro, éste esmorecerá.
Só tirando un do carro esto non funciona.

Levou a un barrio próspero e cheo de vida ao máis fulgurante ostracismo para con todos os veciños verinenses, xa que nesta zona ó non teren servizos de visita obrigada e so ofrecer zona de paseo, non nos axuda para nada que a xente poda desfrutar de este barrio.

Dende hai vinte anos, os mesmiños que leva apoltronado no seu butacón, foi quitandolle ó Casco Vello todo aquelo que lle pertencía (esquilmación de bens patrimoniais, retirada de servicios, colocación de entes alleos á propia istoria do lugar….) por ser dende a época romana o centro do pobo de Verín, o corazón de un pobo, o seu sinal de identidade. E a retirada brutal de todo tipo de circulación rodada por esa zona foi a gota que colmou a nosa devandita paciencia.

Soportamos todo tipo de ataques ó Casco Vello, sen entender moi ben por qué e sen recibir ningún tipo de explicación lóxica por parte de vostede e da sua corporación. Soportamos que se nos poña en contra do pobo, como “aquellos que solo hacen protestar, sin querer el bien común como yo lo entiendo”.
Soportamos moitas cousas, pero o que non podemos aguantar é que xogue coas nosas vidas e co noso barrio como se dun Playmobil se tratara, colocando nel todo aquelo que lle pasa por a cabeza, sen ter en conta que é perxudicial para a vida cotiá que fai que unha zona sexa ideal para vivir e convivir en armonía.
Por todo esto, seguimos esixindo que se tome en conta a opinión dos veciños e comerciantes do Casco Vello de Verín e polo tanto se proceda á retirada da sinais prohibitivas ó tránsito rodado, así como o excedente de xardineiras e demais mobiliario urbán sembrado por as ruas do devandito casco.

  

No hay comentarios: