Número de visitantes

jueves, 14 de febrero de 2013

Problemas do Casco Vello

1. Gamberrismo
 É un problema que o Alcalde de Verín, que xa leva ben de anos na alcaldía non da resolto. Pelexas, berros ás tantas da mañá, destrucción de mobiliario urbán, desgallamento de árbores, volcamento e incendio de contentores de lixo, atracos, inseguridade, etc., etc.¿ Algunha multa por ises conceptos?. ¿Cantas multas por tráfico?. ¿Qué depravación do alcalde é isa que considera que é máis dañino un que aparca mal ou colle mal unha dirección que un que destroza árbores, contentores, ou deixa malferido a un rapaz.
 2. Despoxo de Servizos
 Antes tíñamos Correos e Telégrafos, Seguridade Social,Teléfonos, Escolas, Xulgados...Todos ises servizos pasaron ao novo casco para que os especuladores poideran garantir a rendibilidade dos baixos comerciáis.
 3. Empobrecemento comercial
 Como consecuencia do anterior, os que poden márchanse para o novo casco . Se por riba se restrinxe de xeito brutal o acceso e o estacionamento, acábase por yugular o pouco comercio que resiste. Ista é a saída que o alcalde ofrece para que medio Verín coma a costa do outro medio. E isto ¿como se chama, ¿parasitismo? ou ¿canibalismo?.
 4. Devaluamento urbanístico
 Ao facer do Casco Vello unha zona devaluada comercialmente, as vivendas e calisquer iniciativa empresarial perden valor. Se á isto sumamos as dificultades que pon o concello para rehabilitar unha vivenda ou un baixo e as prácticamente inexistentes subvencions da Administración para tal fin, comprenderemos, unha vez máis ao canellón sen saída ao que nos aboca iste alcalde.
 5. Incremento da inseguridade e da prostitución
 Cada dúas por tres un atraco: Minisúper, Vodafone, Panadería González, Estanco da Praza... Da prostitución xa temos dous ou tres locais. Por certo, ¿ao alcalde non se lle ocurrirá levar algún distes servizos á parte nova?.
 6. O Alcalde
 Aínda que o coloco de último, en realidade debía colocalo de primeiro, xa que, se quixera, podería solucionar todo o anterior. Colocouse en frente do 99% da opinión dos comerciantes, non mostrou en ningún momento unha mínima sensibilidade cara nos, ningunha vontade de negociar e de xeito insensato danos consellos paternalistas sobre cómo levar os nosos negocios.
 A Ferrería.

1 comentario:

Verín Casco Vello dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.