Vouvos contar un feito que sucedeu istes días no Casco Vello de Verín.
Alguén foi falar co alcalde para que lle pintaran unha plaza de minusválido diante da súa casa. O alcalde solícito mandou rápidamente unha brigada a facelo. Cando estaban comenzando a pintar pasou por alí o solicitante e como non lle pareceu ben o sitio foi falar de novo co alcalde para que llo pintaran na outra beira da rúa na que o estaban facendo. O solícito alcalde mandoulle á brigada que deixaran de pintar alí e o fixeran enfrente. Pero, atención, que cando estaban pintando na nova ubicación, veu a Policía Local e díxolle á brigada que os minusválidos non estaban autorizados para acceder ao Casco Vello.
Esperpéntico e surrealista.
Non é a primeira vez que o alcalde practica iste tipo de amiguismo. Vennos á memoria aquela confesión dunha señora que nos dixo que fora ela, a tíduo individual, quen lle pedira ao alcalde que peonalizase o Casco Vello. E agora entendemos tamén por qué o alcalde, cando lle levamos as firmas que demostraban que o 99% dos comerciantes estábamos en contra da medida, burlárase de nos dicindo que il tamén tiña firmas a prol da medida. E tamén por qué colocou os carteis de prohibición de circulación e estacionamento de xeito ilegal.
O xeito de exercer o poder por parte do actual alcalde ten un nome : NEPOTISMO.
O curioso é que cando a Asociación de viciños, empresarios e comerciantes imos solicitar diferentes cousas ao Concello, non se nos fai nen caso.
Nota: A Asociación de viciños, empresarios e comerciantes APROEMCO quere facer constar que nunha entrevista solicitada ao teniente de alcalde ,hai uns meses, mostramos a nosa preocupación porque aos minusválidos non se lles deixase entrar ao Casco Vello co seu coche, e solicitamos que o poideran facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario