Número de visitantes

sábado, 16 de marzo de 2013

Non abonda con tapar cun plástico un sinal....

Oxe pola mañá levei un susto morrocotudo.  Viñen traballar ás oito e media. Estacionei o coche na Alameda. Á unha e media collino outra vez para ir comer e ao dobrar na curva dos pubs atopeime cun defrente e a piques estivemos de ter un disgusto, menos mal que os dous íamos a modiño.
Logo, ao voltar pola tarde, dinme conta do que pasara. Colocaran un sinal de senso proibido á direita e desviaran o tráfego pola esquerda, tapando cun plástico negro (coma se pode ver na foto) o sinal que hai de senso proibido para que circularan alternativamente por ahí. Pero... ¿por qué non se lles  advirtiu aos que viñan no senso contrario que se modificara o senso de circulación nise tramo?.

No hay comentarios: