Número de visitantes

sábado, 2 de marzo de 2013

Oficina de Turismo no Casco Vello

Temos observado como  os turistas que nos veñen coñecer  entretéñense en sacar fotos das casas máis    atractivas, dos escudos, dos currunchos máis interesantes do Casco Vello. Mocitas veces pregúntannos onde se pode comer ben. Outra pregunta que nos fan con frecuencia é onde se atopa a Oficina de Turismo. Verín levou moitos anos sen unha oficina e os naturais, recoñecíamos con sonrroxo que non había. Agora o sonrroxo é porque a temos desubicada, fora do Casco Vello. Se a istoria de Verín, a arquitectura máis interesante, os lugares máis chamativos e con máis personalidade están no Casco Vello, Verín xoga, unha vez máis ao despiste, colocando a Oficina de Turismo fora do mesmo. Calquera cidade ou pobo, que se quera promocionar turísticamente, ubica este tipo de servizo dun xeito céntrico , pero Verín como é especial faino de xeito periférico.
O Casco Vello necesita unha Oficina de Turismo como é debido, con información sobre itinerarios istóricos, valores artísticos, etc, etc, da parte vella, como existe en calquera povo ou cidade que se precie.

No hay comentarios: