Número de visitantes

miércoles, 17 de abril de 2013

Aurora de Nietzsche

Niste libro atoparase a un "subterráneo" en acción, un perforador, un cavador, un socavador. Vese, supondo que se teñan ollos para iste traballo de profundidade, - como avanza lenta, sereamente, con soave determinación, sen que se manifeste demasiado a dificultade que toda prolongada falta de luz e ar trae consigo; podería aínda, considerarselle satisfeito no seu traballo escuro.
¿Acaso non parece que lle guía certa fe, que lle compensa un consolo?. ¿Que cecais desexe a súa propria e prolongada escuridade, a súa inexplicabilidade, o seu segredo, o seu enigma, porque sabe o que tamén terá: o seu proprio mencer, a súa propria aurora?...Sen dúbida, volverà, non lle preguntéis qué busca ahí abaixo, xa vo-lo dirá il mesmo., iste aparente Trofonio e subterráneo, cando se "faga home" de novo. Desapréndese a fondo a calar cando se foi perante tanto tempo toupa e se estivo só coma il.

No hay comentarios: