Número de visitantes

lunes, 22 de abril de 2013

Consigna primaveral





                                   
                                           ¡¡¡ Enchamos o Casco Vello de frores!!!



Fronte ó funeral ó que nos somete a insensibilidade, fronte a coroa de morto que puxo a irracionalidade sobre as nosas cabezas, fronte a tristeza, a pobreza á que nos quere levar o cínismo e o abuso de poder,  enchamos o Casco Vello de frores. Poñamos en marcha un movimento consistente en adornar a nosa casa, o noso negocio con frores. Colguemos un tiesto, inda que seña cativo cunha fror que signifique a vida que non estamos dispostos a deixarno-la arrebatar e que imos  defender coma símbolo da nosa resistencia.

   ¡ Unha fror por pequena que seña, un tiesto por pequeno que seña !.
   ¡ Que a beleza dunha fror neutralice e exconxure o cinismo e a insensibilidade dos sinvida !
   ¡ E cuidémola ata o outono !. Pode ser que nos traia boa ventura.


No hay comentarios: